Mos
Os comuneiros de Guizán amplían as prazas para vender no mercadiño do Santiaguiño
Os interesados en participar poden poñerse en contacto coa Comunidade de Montes
![[Img #20200]](upload/img/periodico/img_20200.jpg)
A Comunidade de Montes de Guizán informa da ampliación de prazas para vender no mercadiño do Santiaguiño. Actualmente participan uns 60 comerciantes que pretenden ser aumentados ata unha cifra de entre 80 e 100 postos de venda.
O mercadiño, organizado polos comuneiros de Guizán os primeiros e terceiros sábados de cada mes, e que deu comezo o pasado día 6 de xuño, conta cun horario de apertura que se prolonga durante todo o día. O vindeiro sábado, 5 de setembro e primeiro sábado de mes, haberá polo tanto mercado no Santiaguiño.
O lugar de celebración é a carballeira do Santiaguiño, onde o recinto para a celebración da feira dispón de 7.500 metros cadrados, prácticamente todos con sombra, e conta con 6 entradas e saídas para vehículos e outras tantas peonís. Así mesmo a Comunidade de Montes de Guizán ven de adecentar estes días o firme de dito recinto, segundo declararon “en aras de optimizalo para unha maior comodidade de vendedores e visitantes”.
O espazo dispoñible para aparcadoiro ascende a case 6.000 metros cadrados e na feira hai ademais un pulpeiro (con carpa) do Carballiño.
Os interesados en participar ubicando un posto no mercadiño do Santiaguiño en Guizán poden dirixirse á Comunidade de Montes de Guizán para solicitalo. Este trátase dun mercado ó aire libre en crecemento que vai aumentando en número de visitantes e pouco a pouco vaise consolidando.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121