Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 07 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A empresa que gañe a nova concesión do Punto Limpo deberá de realizar actividades de educación ambiental

O prego de condicións aprobarase próximamente en Xunta de Goberno Local

[Img #20269]

 

A concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informou que a semana pasada deuse conta ós membros da Corporación Municipal ó completo dos pregos para a contratación da xestión do Punto Limpo, que se aprobarán próximamente en Xunta de Goberno Local.

 

Ata o de agora este servizo de xestión do Punto Limpo de Mos, sito no PEMOS-Veigadaña, préstao a empresa Coregal en convenio con Aceesca Emprego (Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor). Na nova concesión por dous anos, a empresa adxudicataria terá tamén como condición manter dito convenio con Aceesca, polo cal o traballador encargado da atención ao público e da recepción do material deberá ser un membro de Aceesca Emprego, que estará contratado durante os dous anos de duración da concesión do servizo.

 

Outra das condicións para a concesionaria do servizo será a organización de actividades de educación ambiental dirixidas tanto a escolares do municipio como á poboación en xeral.

 

Durante o novo período de concesión o Punto Limpo continuará a manter os mesmos horarios e servizos, sendo o horario de apertura os martes e xoves de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.30 horas a 20.30 horas, e os sábados pola mañá de 10.00 horas a 14.00 horas.

 

Ó longo de ditas franxas horarias, nas instalacións do Punto Limpo no polígono da Veigadaña recepciónanse todo tipo de residuos entre os que se contemplan os perigosos e os non perigosos.

 

Entre os non perigosos atópanse entullos de obras menores, voluminosos (colchóns, sofás, mobles, etc.), restos metálicos, restos de poda, madeira, electrodomésticos, equipos informáticos, televisores, fluorescentes, xoguetes eléctricos e ferramentas. Entre os residuos perigosos estarían os aceites doméstico, vexetal e mineral (de motores), baterías, radiografías, filtros de aceite, disolventes, pinturas, bernices, etc.

 

A edil Julia Loureiro concluiu declarando que “o número de usuarios do Punto Limpo de Mos é elevado e satisfactorio aínda que, lamentablemente, continúa habendo persoas que depositan desperdicios inapropiados en contedores non habilitados para tal fin; polo que continuaremos a promover políticas de concienciación medioambiental para tratar de ir cambiando progresivamente esta realidade”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.