Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 04 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Comeza o curso nas 22 escolas da rede a Galiña Azul da área territorial de Vigo

Comeza o novo curso 2015-2016 nas 22 escolas infantís que a rede autonómica A Galiña Azul ten este ano no ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Dende hoxe mesmo e durante os vindeiros días, estes centros infantís nos que se ofertan un total de 1.471 prazas, irán procedendo á incorporación dos nenos e nenas de 0 a 3 anos dos concellos de Vigo, Redondela, Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar, Soutomaior, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos e, coma novidade este ano, Salvaterra de Miño.  

 

A oferta para nenos e nenas de 0 a 3 anos da rede ´A Galiña Azul´ na área territorial de Vigo incrementouse nos últimos anos en máis dun 60% cun total de 531 prazas de nova creación para os municipios de Vigo (Valadares e Gota de Leche), Soutomaior, O Porriño (Doantes), Cangas (O Hío), Mos (Coto Torrón), Moaña (Quintela) e Salvaterra do Miñoes), Cangas (O Hío) e .ificaci. Esta última, con 61 prazas, entra en funcionamento neste curso 2015-2016 e, nestes días, está a incorporar ao persoal co fin de realizar traballos previos e entrevistas coas familias para recibir aos cativos a mediados deste mes de setembro.

 

Mentres, no caso concreto de Vigo cidade, a Xunta de Galicia ofrece o maior número de prazas públicas, contando cun total de 626 en 8 centros de titularidade autonómica situados en O Calvario (41), Valadares (102), Praza da Estrela (41), Relfas-Sárdoma (74), Rosalía de Castro-Coia (107), Cabral-Caeiro (67), Bouzas (94) e Gota de Leche (100).

 

Ademais, na área de Vigo, a Consellería de Traballo e Benestar xa ten en planificación unha nova escola infantil en Mos (82 prazas) que entrará en funcionamento no curso 2016-2017; outra en Redondela e, por último, na cidade olívica, ao abeiro do convenio firmado coa Fundación Amancio Ortega, e para a que se está á espera de que o Concello propoña posibles ubicacións tras unha xuntanza que houbo con responsables municipais.

 

O novo curso na rede autonómica ‘A Galiña Azul’ comeza así cunha oferta total en toda Galicia de preto de 9.300 prazas para nenos e nenas de 0-3 anos e a incorporación de dez novos centros. Así a rede autonómica contará neste curso cun total de 159 escolas infantís.

 

 

Ademais, neste curso escolar  haberá preto de 500 novas prazas públicas de 0-3 anos financiadas con fondos da Administración autonómica a través do sistema de concerto con centros privados, unha opción que se puxo en marcha este ano por primeira vez nas sete cidades e as súas áreas de influenza.

 

Deste xeito, a oferta de prazas sostidas con fondos públicos complétase coas escolas municipais, as escolas dependentes de entidades de iniciativa social e doutras entidades e as máis de 1.000 prazas de cheque infantil, ata un total de preto de 20.500 prazas á disposición das familias galegas.

 

Con esta oferta, acádase por primeira vez a cobertura recomendada pola Unión Europea para o tramo de idade 0-3, que supón contar cunha oferta de 33 prazas para cada 100 nenos e nenas en idade de acceder a unha escola infantil.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.