Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 07 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Policía Local inicia unha campaña de control do uso do cinto de seguridade

Hoxe a Policía Local do Porriño vai iniciar unha nova campaña de vixilancia e control da utilización do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

[Img #20274]

A Policía Local do Porriño desenvolverá entre os días 7 e 13 de setembro unha nova campaña de vixilancia e control da utilización do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil. A actuación corresponde á aposta da Policía Local pola colaboración continua entre institucións, neste caso sumando esforzos e apoiando as campañas que en materia de Tráfico e Seguridade Vial establece a Dirección Xeral de Tráfico. 

Dende o Concello do Porriño recórdase que o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil resulta útil en calquera traxecto curto ou longo, urbano ou interurbano. Todos os ocupantes dun vehículo deben ir suxeitos cun sistema de retención adecuado. O percorrido do cinto de seguridade ou do arnés nunca debe ir por enriba do pescozo. Debe axustarse sobre as cadeiras e sen folguras. 

Os sistemas de retención infantil son obrigatorios para os nenos cunha altura inferior a 1,35 cm. A banda diagonal do cinto ten que pasar pola clavícula sobre o ombreiro e ben pegada ao peito,  mentres que a banda ventral ten que quedar o máis baixa posible sobre a cadeira. Nunca se debe levar a un neno en brazos, nin utilizar o mesmo cinto de seguridade do adulto para protexerlle. 

Un neno sen suxeición multiplica por 5 as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Un dos obxectivos da Estratexia de Seguridade Vial 2011-2020 é “lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla” 



Menos positivos 

Esta nova campaña da Policía Local do Porriño en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico súmase á xa realizada o pasado mes de agosto sobre vixilancia e control de alcohol e drogas nos condutores. Entre os días 10 e 16 de agosto a Policia Local realizou un total de 323 probas de alcoholemia nos controis preventivos realizados en distintos puntos do término municipal a diferentes horas do día. 

Para a Policia Local do Porriño resulta significativo e alentador que das 323 probas realizadas, soamente 5 arroxen un resultado positivo por enriba do límite legal permitido de 0,25 miligramos por litro de aire espirado. Ademais só unha delas constituíuse como infracción penal ao superar o límite establecido de 0,60 miligramos por litro de aire espirado. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.