Ponteareas
O goberno de Ponteareas inicia a redacción dos orzamentos para 2016
O Concello de Ponteareas leva cinco sen aprobar uns orzamentos
![[Img #20289]](upload/img/periodico/img_20289.jpg)
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou o inicio dos traballos de redacción do orzamento municipal de 2016. O rexedor convocou a todos os membros do goberno municipal a unha reunión de traballo este pasado xoves, 3 de setembro, na que se abordou a redacción dos presupostos, establecendo o método de confección dos mesmos e avaliando as principais prioridades que debe recoller o documento.
Represas lembrou que Ponteareas leva cinco anos co mesmo presuposto, o de 2010, “porque o goberno do Partido Popular foi incapaz de elaboralos e aprobalos durante cinco anos. Un concello como Ponteareas non pode permitirse estar cinco anos cos presupostos prorrogados causando un serio prexuízo aos cidadáns, por iso este novo goberno ten como prioridade inmediata sacar adiante os orzamentos de 2016”.
Segundo o propio alcalde, “aprobar os orzamentos é unha obriga e unha necesidade para calquera goberno competente e que aposte pola transparencia, pois só con presupostos é posible que os veciños saiban a que se van dedicar os seus cartos”. Represas indicou que “os orzamentos recollerán as novas políticas que o actual goberno quere poñer en marcha e atenderán as necesidades prioritarias dos veciños”. A intención do goberno é eliminar e reducir as partidas en gastos superfluos ou innecesarios e aumentar as partidas en áreas como a creación de emprego, o benestar social, o ensino ou as obras e infraestruturas básicas.
Ademais, Represas adiantou que na elaboración dos orzamentos serán consultados os colectivos sociais e territoriais de cada parroquia, ademais dos colectivos sectoriais da vila, é dicir, culturais, deportivos, profesionais, etcétera.
Con todo, a pretensión, a medio prazo, do goberno municipal é implantar o modelo dos presupostos participativos, unha figura que permite que os cidadáns decidan o destino dunha parte dos orzamentos. O obxectivo é dispor dese procedemento no vindeiro ano para a elaboración dos orzamentos de 2017.
Represas tamén explicou que “a nosa pretensión é acadar o máximo consenso na aprobación dos orzamentos e por iso negociaremos con todas as forzas políticas e estaremos abertos a recoller no documento as súas propostas e ideas sempre que sexan positivas para Ponteareas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101