GALICIA
O accidente do rally de Carral deixa seis falecidos e 16 feridos, entre eles, cinco menores
Seis persoas falecidas e 16 feridos, dos cales nove están graves e cinco son menores, é o balance provisional das vítimas do accidente ocorrido na tarde de onte durante a celebración dun rally no lugar de Cabrois, en Carral. Entre os falecidos había dous homes e catro mulleres, dúas delas en estado de xestación. En canto ós feridos, 11 son adultos e 5 menores. Os cativos foron trasladados ó Hospital Materno Infantil da Coruña. Tres deles ingresaron na Unidade de Coidados Intensivos e os outros dous, con lesións leves, foron atendidos noutras seccións. Seis dos 11 adultos presentan feridas graves. De feito, un deles tamén ingresou na Unidade de Coidados Intensivos, neste caso, do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Os outros cinco foron asistidos noutras seccións debido a que as súas feridas apenas revestían gravidade. Unha vez coordinada a asistencia ás vítimas no lugar do sinistro, os técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e da Axencia Galega de Emerxencias, a través do CAE 112 Galicia, puxeron a disposición dos familiares dos afectados o apoio e atención especializada dos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), que se repartiron por varios puntos: Hospital Materno Infantil da Coruña e o Cuartel da Garda Civil en Carral. Tamén realizaron algunha visita ós domicilios das familias das vítimas.
Pola súa banda, ata o CHUAC, se achegaron varios piscólogos adscritos á Cruz Vermella, pois, ademais dos once adultos feridos, os corpos das persoas falecidas foron trasladados a este hospital. A chamada dun particular ás 19:40 horas de onte puxo en alerta ó persoal do CAE 112 Galicia, que, de inmediato, activou un operativo no que interviron Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Carral e Oleiros, Bombeiros de Arteixo e os técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e a Axencia Galega de Emerxencias. Quen contactou co 112 Galicia explicou que un dos vehículos que participaba na carreira se saíu da vía e arrastrou a varias das persoas que se congregaban preto da liña de meta. O resultado, ata o momento, seis persoas falecidas e 16 feridos, dos cales nove son graves e cinco menores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208