Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 06 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Falece un bañista na Illa de Arousa despois de ser rescatado da auga en estado inconsciente

Unha persoa perdeu a vida na Praia das Salinas, na Illa de Arousa, tras ser rescatada da auga en estado inconsciente. Outros bañistas a achegaron á beira e lle practicaron as manobras de reanimación cardiopulmonar sen éxito. Chamaron ó 112 Galicia para pedir axuda e mesmo os técnicos de Urxencias Médicas enviaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida. Polo momento, se descoñecen as causas do falecemento. As persoas que o sacaron da auga aseguraron que o atoparon inconsciente. Ás 17:00 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia recibiu o aviso e, ademais de Urxencias Médicas, pediron a colaboración da Policía Local e Garda Civil.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.