GALICIA
Hoxe comenza o curso para 200.000 escolares de infantil e primaria
Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 64.350 alumnos e alumnas, un 1’7% menos ca no curso anterior
![[Img #20351]](upload/img/periodico/img_20351.jpg)
Este xoves, 10 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primaria educación especial para 202.476 alumnos e alumnas, o que supón un 0,01% menos ca no curso 2014/2015, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 64.350 alumnos e alumnas comezarán o 10 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 1,7% menos ca no curso 2014/2015.
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.
Educación Primaria
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 136.779 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 0,86% máis ca no curso 2014/2015.
No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é do 7,7%:
Educación especial
No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.347, case un 2 % menos ca no 2014/2015
Servizos complementarios
Hoxe tamén empezan a funcionar os servizos de transporte e os de comedor tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.
O 15 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato
Así este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de usuarios de comedor escolar será de 72.016, sumando os de comedores xestionados directamente pola Consellería, e por ANPAs e Concellos. En total o departamento educativo da Xunta xestiona de forma directa 302 comedores escolares e de forma indirecta – a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- outros 133. Pola súa banda as ANPAS son responsables de 136 comedores e os Concellos de 42.
No que atinxe ao transporte, prestarase servizo – segundo as estimacións- a 93.190 alumnas e alumnos de 784 centros públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22