Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 08 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Guizán conta cun novo parque temático da auga

O Parque das Lagoas atópase prácticamente rematado e onte recibiu a visita dos edís Julia Loureiro e Cándido Pérez

[Img #20359]A concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, e o edil de Parques e Xardíns e Revalorización de Espazos Públicos, Cándido Pérez, visitaron onte  o Parque das Lagoas, na parroquia de Guizán, cuxas obras están a piques de ser rematadas.

 

A recuperación deste espazo de lecer ó aire libre realizouse gracias a unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

 

O orzamento destinado a estes traballos, que se prevé queden rematados esta semana, ascende a 40.000 euros. “Este parque continúa coa iniciativa do Concello de Mos no Parque da Auga de Sanguiñeda, pola que se pretende concienciar didáctica e lúdicamente ós cativos dos usos do líquido elemento así como da importancia medioambiental do seu consumo responsable e consciente, todo elo dun xeito moi orixinal, con elementos de xogo diferentes e atractivos que fan as delicias dos máis pequenos”, declarou a concelleira delegada do departamento municipal de Medio Ambiente.

 

E é que os elementos de auga son xogos para espertar o inxenio e promover o coñecemento. No Parque das Lagoas en Guizán acometeuse unha lagoa en torno á cal dispóñense tres elementos de auga que verquen nos seus respectivos tres estanques. Ditos elementos son: a canle de auga que funciona mediante bombeo, e na que a auga discorre por unha canle común puidéndose escoller entre dous camiños distintos finalizando un deles nunha turbina e outro en caída libre; o muíño de auga que funciona tamén por sistema de bombeo e no que a auga fai rotar unha noria; e o tornillo de Arquímedes, que se trata dun tornillo sen fin no que a auga elévase dende un estanque ó xiralo.

 

Ademais ó carón destes elementos de xogo con auga instalouse un parque infantil dotado dun columpio balancín de dous asentos, un tobogán simple, un balancín de muelle e unha zona de area cunha excavadora de acero inoxidable. Este último elemento está dotado dun asento e dunha pala, réplica da das excavadoras típicas de obra, coa que os nenos e nenas poden xogar recollendo e manipulando a area do areeiro.

 

A edil Julia Loureiro destacou as medidas de seguridade adoitadas neste parque, no que se procedeu a completar o valado perimetral deixando un único acceso controlado ó recinto.

 

Drenaxe

 

Tendo en conta que na parcela existen nacentes de auga, realizouse un drenaxe completo mediante tubaxe de drenaxe en zanxas con saída de agua á poza existente, de xeito que, - como explicou Loureiro- “ademais de solucionar os inconvintes xerados polos nacentes de auga, aproveitáronse os mesmos para surtir á poza ou lagoa que vertebra o resto de elementos da área de lecer e que, en definitiva, dá nome a este Parque das Lagoas na parroquia de Guizán”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.