Nigrán
Nigrán esixe á Xunta conexión directa co novo hospital de Vigo
“Non calaremos ante a inxustiza que se comete deixándonos fora do plan”, advirte o alcalde, Juan González
![[Img #20368]](upload/img/periodico/img_20368.jpg)
O goberno socialista de Nigrán manifesta a súa "indignación e sorpresa porque a Xunta de Galicia deixe fora ao municipio do plan de transporte interurbano de conexión directa co novo hospital Álvaro Cunqueiro". Segundo comunicou o propio organismo autonómico onte, serán vinte as localidades da área de Vigo que terán enlace directo con Beade, sen embargo, exclúe sen razón algunha a Nigrán, Baiona e Oia, onde os seus veciños seguirán tendo que facer transbordo en Vigo (dentro do Val Miñor, Gondomar si terá un autobús directo). “Non calaremos ante a inxustiza que se comete deixándonos fora do plan”, advirte Juan González, alcalde de Nigrán e quen non pode ocultar o seu “cabreo e indignación ante a nova medida completamente inxusta e arbitraria anunciada ademais a través da prensa e sen comunicación algunha co Concello”.
Precisamente, no último pleno da corporación municipal celebrado en xullo tódolos partidos agás PP, que se abstivo, votaron a favor dunha moción que pedía un hospital 100% público e con transporte público directo dende Nigrán. “Unha vez máis, a Xunta discrimina aos veciños de Nigrán, que fronte aos demáis habitantes das vinte localidades da área terán que coller o ATSA e facer transbordo en Vigo co Vitrasa, o que supón non so unha incomodidade e perda de tempo, se non un desembolso extra de cartos”, lamenta González, quen sinala que este é “o segundo castigo da Xunta en so dous meses de goberno”. Así, o rexedor recorda que o organismo autonómico rescindiu en xullo unilateralmente o convenio de abastecemento de auga a Parada por valor de 800.000 euros. Neste último caso toda a corporación municipal esixiu que o organismo autonómico retomase o acordo ou do contrario se facultaba ao alcalde para ir aos tribunais. “Aquí tampouco calaremos e chegaremos a onde faga falta para garantir que os veciños de Nigrán teñan os mesmos dereitos que os demais usuarios do Álvaro Cunqueiro”, subliña González.
Nova moción
O goberno de Nigrán voltará a presentar unha moción no proximo pleno de fin de mes esixindo de novo que se implante un plan específico de transporte para o novo hospital con conexión a tódolos concellos da rede sanitaria, facendo fincapé en Nigrán, para que se atenda a toda a cidadanía con criterios claros de equidade. Ademais, na mesma moción se pedirá que o parking pase a ser gratuíto e que se revogue a concesión do hospital, xa que non é o que estaba previsto inicialmente e o que os cidadáns precisan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155