Mos
Un mosense de 18 anos sub campión dun festival internacional de maxia
Anxo Rojo participou no Magic Valongo a pasada fin de semana acadando o segundo posto
![[Img #20371]](upload/img/periodico/img_20371.jpg)
O mago mosense Anxo Rojo, veciño da parroquia de Dornelas, ven de erixirse sub campión da XXIV Edición do Festival Internacional de Maxia Magic Valongo (Portugal), localidade veciña a Oporto, que se celebrou a pasada fin de semana.
Con tan só 18 anos, cumpridos o mes pasado, e a súa carreira universitaria recentemente empezada, Rojo leva tres anos no mundo da maxia; no que se iniciou acompañado do seu amigo David Maestro. Dende os seus inicios entrou en contacto coa A.M.I.V., Asociación de Magos e Ilusionistas de Vigo, á que pertence xunto con outras 20 persoas, todos xente nova.
O propio Anxo destaca entre os membros da Asociación a tres magos de gran calidade que foron para el mentores e inspiración: Sara Rodríguez, Xulio Merino e Óscar Fernández.
Aínda que Anxo Rojo leva actuado xa en diversos locais da cidade de Vigo, o Magic Valongo foi o primeiro concurso de maxia profesional no que participaba, obtendo un resultado case inmellorable. Cómpre destacar que neste festival participou tamén nos seus comezos o televisivo Luis Piedrahita.
A pasada fin de semana participaron en Valongo uns 18 competidores de nacionalidades maioritariamente portuguesa e española (ó 50%), sen embargo tódolos premios recaeron en magos e magas españois, “polo alto nivel de calidade do que goza a maxia en España”, asegura Rojo.
No que a competicións se refire, o mago mosense está a valorar participar en xuño do ano que ven no Congreso Nacional de Maxia de Granada, ó que lle gustaría presentarse. Así mesmo está a programar algunha actuación para o mes que ven en Santiago de Compostela, onde acaba de empezar o primeiro curso de Historia da Arte, aínda que ve estes estudos coma un hobby, xa que lle gustaría dedicarse profesionalmente á maxia.
Rojo declarou para concluír que “o segundo premio en Valongo está ben, pero non deixa de ser tan só un premio; o importante é a repercusión do mesmo, que este teña visibilidade e que grazas a elo máis magos participen nos festivais, máis persoas se interesen pola A.M.I.V. e se acheguen ata a asociación para poder coñecela de preto; e creza a xente amante e/ou afeccionada ó mundo da maxia, tanto dende a perspectiva de espectadores como de magos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22