Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Este domingo 13 de setembro terá lugar unha nova Andaina por terras da Eurocidade

O sábado tamén se realizará o Trilho por Terras da Eurocidade dende Valença

Este domingo 13 de setembro, a partir das 10.00 horas españolas, realizarase un novo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, “Andaina por Terras da Eurocidade”, que sairá dende o aparcadoiro do Club Náutico San Telmo.

 

Esta andaina percorrerá a ribeira do río Louro e o Camiño de Santiago, sendo a distancia aproximada de 14 quilómetros, cun grado de dificultade fácil e unha duración ó redor de catro horas. Como é de costume, o punto de encontro alternativo será o aparcadoiro do Centro Interfederado, ás 09.45 horas españolas.

 

Por outra banda, este sábado 12 de setembro, realizarase o Trilho por Terras da Eurocidade, que percorrerá polo municipio de Valença, con saída dende a Alfándega ás 09h00 portuguesas.

 

Con estas andainas, retómase o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, que fixo un parón no mes de agosto, e que continuará ata a segunda fin de semana do mes de decembro.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.