Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 09 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O PSOE de Ponteareas ofrece a súa sede para acoller refuxiados sirios

A Agrupación socialista enviou unha carta á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación ofrecendo o seu lugar habitual de reunión

A Agrupación socialista de Ponteareas asegura nun comunicado de prensa que ofreceu á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, a través de sendas cartas enviadas no día de hoxe, o seu lugar habitual de reunión para albergar “durante o tempo que sexa necesario” a unha ou varias familias de refuxiados sirios que solicitasen asilo.

 

“O obxectivo do Partido Socialista non é o de gañar eleccións, senón que nace coa vontade de axudar a todas aquelas persoas que o necesitan, sexa cal sexa a súa nacionalidade ou a súa relixión. Ante a urxencia dos últimos acontecementos en Europa, con miles de refuxiados fuxindo das guerras, e ante a lentitude do goberno de Mariano Rajoy en dar unha solución á petición de acollida dos refuxiados, os socialistas de Ponteareas sentímonos obrigados moralmente, como socialistas que somos, a ceder a nosa sede habitual para axudar aos refuxiados. Os refuxiados sirios de hoxe son os refuxiados galegos de onte”. afirma Benito Márquez, concelleiro socialista de Ponteareas.

 

“O PSOE debe recuperar a esencia das Casas do Pobo, como se coñecen tradicionalmente as sedes e lugares de reunión dos socialistas, onde as súas portas estean abertas para toda a cidadanía e especialmente para todas aquelas persoas que o necesitan, sexan de onde sexan”.

 

Os socialistas ponteareáns, que se consideran “internacionalistas”, animan a tódolos partidos políticos da vila a que cedan tamén as súas respectivas sedes para albergar aos refuxiados que están chegando a Europa pedindo asilo. “Os socialistas de Ponteareas consideramos que somos os partidos políticos os primeiros que debemos ceder as nosas propias instalacións e demostrar para qué estamos realmente en política”.

 

Os catro concelleiros socialistas que forman parte do Goberno de Ponteareas afirman tamén que promoverán no seo da Corporación Municipal, “dentro das posibilidades que poida ter un concello pequeno como o noso, un plan de axuda municipal aos refuxiados”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.