Provincia
A Xunta asegura que o novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante liñas de autobús directas
Trátase da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas
![[Img #20380]](upload/img/periodico/img_20380.jpg)
O novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante liñas de autobús directas, ofrecendo a maior cobertura xeográfica de transporte das zonas sanitarias galegas. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informaron sobre os servizos de transporte interurbano ao novo hospital dende as súas poboacións de referencia.
No mes de xullo, co inicio das consultas médicas, 13 concellos teñen servizos directos ao novo hospital a través de catro empresas: Melytour, ATSA, Autoindustrial e Empresa Ojea, que operan na Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Arbo.
Posteriormente, no mes de agosto a Xunta acorda con Autos González e Empresa Raúl a cobertura a sete concellos máis e ampliarán os servizos nalgúns municipios nos que xa operan. Concretamente, Autos González dará servizo a Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. A empresa Raúl levará as súas liñas ao Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza. Asimesmo reforzaranse servizos en Ponteareas As Neves, O Porriño, Mos a Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas. Con este reforzo o concello de Mos contará con liñas dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga e os concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas terán servizos dende o núcleo e non só dende as parroquias, que xa tiñan servizos autorizados.
A maiores, Helena de Lucas sinalou que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova proposta de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo, concretamente dende Cangas e Moaña. Tamén engadiu que no que respecta aos veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121