Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 10 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Nigrán

Nigrán participa nun curso sobre xestión de residuos organizado pola Universidade de Navarra

Ás xornadas acude o edil de Medio Ambiente, único representante do Val Miñor na expedición organizada pola Deputación

[Img #20384]

O Concello de Nigrán participa no curso de verán organizado pola Universidade Pública de Navarra en Alsasua (País Vasco) “Hacia la economía circular” mediante a presencia nel do seu edil de Medio Ambiente, Diego García Moreira, único representante do Val Miñor. Estas xornadas comezaron o martes e concluiron onte, e están dirixidas a axentes responsables, políticos e técnicos de administracións locais e rexionais, principalmente dentro do ámbito do medio ambiente. O obxectivo é aprender máis sobre a xestión de residuos e a materia orgánica tomando como exemplo iniciativas desenroladas en Italia, Cataluña ou Navarra e con elo, valorar a posibilidade de implantalas en Nigrán co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e avanzar cara a unha economía verde e sostible. A Deputación de Pontevedra subvenciona a participación nestas xornadas dos responsables dos diferentes municipios da provincia, así, na expedición viaxan un total de 45 persoas -catro alcaldes, dous tenentes de alcalde, 17 concelleiros e técnicos-  algo que amosa o interés creado a partires desta convocatoria.  Ademais, aproveitando a viaxe, realízanse tamén visitas guiadas a varias instalacións de compostaxe comunal e duas plantas de compostaxe (Lapatx y Epele).

 

“Está sendo moi interesante, sempre merece a pena coñecer outras formas de tratamento de residuos, tanto mediante compostaxe como mediante outros métodos que se poderían aplicar no Concello”, sinala o edil, comprometido con en “estar ao día de tódalas novidades ao respecto”, neste senso, destaca que Navarra é pioneira no uso da compostaxe.

 

Trátase dun encontro formativo, organizado pola Universidade do País Vasco (UPNA) e Mank Sakana e cofinanciado pola Comisión Europea, entre outros. En concreto os seus obxectivos son: coñecer distintas realidades sobre a xestión de residuos sólidos urbáns; explorar as oportunidades medioambientais e socioeconómicas en torno á xestión de residuos e, por último, valorar a necesidade dunha formación específica de xestión de residuos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.