O Porriño
O paso a nivel do Porriño suma unha decena de incidentes “graves” no último ano
ADIF comprométese a cambiar o sistema de seguridade que afecta as barreiras. Tamén asumirían o 50% do custo que supoña unha supresión definitiva.
![[Img #20399]](upload/img/periodico/img_20399.jpg)
A alcaldesa do Porriño, Eva García da Torre, e o tenente de alcalde, Raúl Francés, reuníronse este mércores en Madrid co director xeral de Adif, Javier Galego, para tratar os incidentes relacionados co paso a nivel situado no centro urbano da localidade. Hoxe xoves daban conta, ante os medios de comunicación, do resultado desta reunión.
No último ano producíronse no paso a nivel do Porriño unha decena de incidentes “graves” que “afectaban á seguridade dos vecinos” explicaba, Eva García da Torre, engadindo que “o fallo das barreiras provoca un exceso de confianza nos cidadáns podendo desencadear nun desenlace fatal”.
Eva García: “Buscaremos tanto na Xunta de Galicia como Diputación e demáis administracións e organismos a financiación necesaria para acometer estas obras”.
Ante esta situación, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), comprometíase a efectuar a renovación completa do actual sistema de seguridade que activa as barreiras ao paso dun tren.
Por outra banda, neste encontro, os representantes do Goberno do Porriño trasladábanlle ao xerente de ADIF a necesidade urxente de dar unha solución definitiva á problemática que supón que un paso a nivel atravese e divida o centro urbano da localidade.
A rexedora asegurou que “temos que deixar de pasarnos a pelota entre administración e dar solucións”
Aínda que o soterramento total da actual liña ferroviaria é “inasumible” polas administracións polo seu alto custo, desde ADIF debería de correr coa metade do importe necesario para suprimir este paso. Para iso barállase a construción doutro paso subterráneo ou dunha alternativa que fose viable e que aínda estaría por decidir.
![[Img #20400]](upload/img/periodico/img_20400.jpg)
Debido a que a titularidade do viarios das rúas Progreso e Buenos Aires non son municipais sería necesaria a implicación de varias administracións para poder dar unha solución áxil a este problema. Desde o Concello exponse a súa cesión inmediata coa dotación económica correspondente, de forma que o principal obxectivo do goberno porriñés céntrase agora en buscar o financiamento necesario para esta actuación, por elo buscarán fondos na Xunta, a Deputación Provincial de Pontevedra, ou do Estado se fose necesario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101