Mos
Mos aproba por unanimidade unha moción sobre o novo hospital Álvaro Cunqueiro
Todos os grupos da Corporación decidiron retirar as súas propias e apoiar a conxunta que presentaron a viva voz
Os catro grupos da Corporación Municipal mosense, PP, GañaMos, PSOE e BNG, decidiron esta mañá no Pleno extraordinario celebrado no Concello e presidido polo alcalde por delegación, Alberto Méndez, retirar as súas respectivas mocións relativas ó novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e presentar unha conxunta que aprobaron por unanimidade.
En dita moción conxunta ínstase á Xunta de Galicia a que: “o aparcadoiro sexa gratuito: optimizar os servizos de transporte público ata o hospital de xeito que sexan directos e cheguen ás novas dependencias sanitarias nun tempo razonable, aprobando un sistema de liñas de autobús polo que se poñan en marcha autocares dende Mos e o resto de concellos da zona e que comuniquen cos puntos de conexión co Transporte Metropolitano que van ata o Álvaro Cunqueiro; remitir ó Concello de Mos sendos informes oficiais nos que se detallen: que servizos médicos continuarán a ser prestados nos edificios do Meixoeiro, Hospital Xeral e Nicolás Peña; e os servizos ós pacientes do novo hospital Álvaro Cunqueiro que lles supoñan a estes un custe a maiores durante a súa estancia ou permanencia nas instalacións médicas como por exemplo auga, sillóns de estancia dos acompañantes nas habitacións dos pacientes ingresados, WiFi, televisión, etc. (no caso de que así sexa en realidade)”.
Nestes aspectos toda a Corporación mosense coincide en considerar que existen unhas deficiencias importantes que deben de ser subsanadas pola administración competente e por iso aunaron posturas para defender así conxuntamente os intereses dos veciños e veciñas de Mos. Esta unanimidade de voto demostra un consenso polo ben común da localidade, nun tema socialmente tan sensible e relevante coma o da sanidade pública.
Así mesmo dende o Concello de Mos espérase que as partes asinantes do convenio do novo hospital de Vigo cumpran con tódolos seus compromisos adquiridos mediante a sinatura de dito convenio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101