Mos
Tres xacementos arqueolóxicos en Louredo serán posto en valor con axuda autonómica
Trátase de elementos en perigo de deterioro que serían mellorados o ano que ven
![[Img #20416]](upload/img/periodico/img_20416.jpg)
Os concelleiros mosenses de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e Patrimonio, Camilo Augusto, visitaron o pasado xoves xunto cun técnico de Patrimonio da Xunta de Galicia e outro municipal, e acompañados por membros da Comunidade de Montes de Louredo, cinco xacementos arqueolóxicos na devandita parroquia de Louredo. Ditos xacementos foron o Petroglifo do Monte Salgueirón, o Petroglifo de San Antoíño, a Pedra das Cruces, o Penedo da Alarma e a Mámoa do Alto do Marco.
O motivo da visita foi, segundo explicaron os representantes municipais, a realización dun traballo de campo para tramitar unha axuda autonómica pola que se levará a cabo a posta en valor e mellora de xacementos arqueolóxicos mosenses en perigo de deterioro.
Dita posta en valor, a acometer o vindeiro ano 2016, consistirá na sinalización dos diferentes elementos patrimoniais, limpeza do seu contorno e calco e levantamento de ditos xacementos. Os labores de calco e levantamento teñen que ser necesariamente realizados por un arqueólogo, pois son traballos moi minuciosos, delicados e especializados gracias ós que se lles dá visibilidade ás inscricións dos petroglifos que por mor do paso do tempo ocúltanse ou difumínanse.
Ademais de visitar os cinco xacementos anteriormente enumerados, edís, técnicos e comuneiros de Louredo concretaron as accións a executar para o ano que ven en tres deses cinco xacementos visitados. No Petroglifo do Monte Salgueirón efectuaranse traballos de calco e levantamento en planos, instalación dun panel informativo sobre o mesmo e mellora do acceso ata o petroglifo.
No caso do Petroglifo de San Antoíño faranse tamén labores de calco e instalación de panel informativo, así como limpeza do contorno do elemento. E na Pedra das Cruces realizarase calco e limpeza.
O Penedo da Alarma foi visitado sobre todo para os efectos de ser valorado polos técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia ante o interese manifestado pola Comunidade de Montes de Louredo; aínda que non é dos máis antigos.
Sobre esta axuda dirixida á posta en valor dos xacementos arqueolóxicos mosenses en perigo de deterioro os edís Augusto e Loureiro descacaron a súa “importancia non só para mellorar o noso patrimonio, senón para dalo a coñecer; xa que o Concello de Mos é un municipio cunha gran riqueza patrimonial pero enormemente descoñecida”, declararon.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115