Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
GALICIA

A Xunta busca agora o consenso entre os concellos da área de Vigo “para reformar a Lei”

O vicepresidente di que "se lles teñen trasladado as dúas propostas feitas por Vigo" e avoga por buscar o máximo consenso

[Img #20498]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o seu departamento xa remitiu aos concellos que compoñen a área metropolitana de Vigo as propostas efectuadas polo Goberno local de Vigo para reformar a lei, que as analicen e que formulen as súas suxestións e propostas para buscar o maior consenso posible.

 

A Xunta enviou unha carta aos 14 concellos que compoñen a área metropolitana, na que se adxunta as dúas alternativas plantexadas polo Concello de Vigo, así como un cadro explicativo das diferenzas entre estas propostas e entre elas e a Lei actualmente en vigor. Trátase de que todos os concellos da área poidan analizar as propostas e facer as achegas  que consideren oportunas nas reunións de traballo que a Xunta convocará en próximas datas.

 

O  ámbito territorial está delimitado polos concellos de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo -que será a capital-

 

O obxectivo do Goberno galego é buscar o maior consenso posible para posibilitar a definitiva posta en marcha da área. Nese sentido, a Xunta solicita na súa carta aos concellos que trasladen toda a documentación aos representantes de todas as forzas políticas que conforman os plenos municipais, para que poidan efectuar as achegas que estimen oportunas.

 

A Lei da área metropolitana de Vigo entrou en vigor no ano 2012, sendo aprobada polo Parlamento de Galicia o 10 de abril dese ano, o que supuxo un fito histórico coa posta en marcha da primeira Área Metropolitana de Galicia, un dos proxectos de cooperación municipal máis ambiciosos na nosa comunidade nos últimos anos. Os concellos suman esforzos e aumentan a calidade dos servizos públicos en beneficio dos cidadáns de Vigo e a súa comarca e mellorarán a suficiencia económica dos concellos a través dunha maior racionalización do gasto común.

 

A Área Metropolitana de Vigo configúrase como unha entidade local cuxo ámbito territorial está delimitado polos concellos de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo -que será a capital-; podendo ampliarse no futuro.

 

Os órganos principais da Área Metropolitana de Vigo son a Asemblea Metropolitana, a Xunta de Goberno Metropolitana, o Presidente e ata dous vicepresidentes; a Comisión Especial de Contas e a Comisión de Cooperación. Esta Comisión será a encargada de asegurar a xestión eficiente dos servizos de competencia compartida evitando as duplicidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.