GALICIA
A provincia de Pontevedra estará mañá en alerta laranxa por fortes choivas
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun temporal de nivel laranxa por choivas que afectará a partir de mañá ás provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación galega, a partir das 8.00 horas de mañá, martes, espéranse unhas precipitacións acumuladas de 80 mm. en 12 h. na provincia de Pontevedra e na zona oeste e suroeste da Coruña.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61