Mos
Ata o 4 de outubro permanece aberto o prazo de solicitude de axudas para comedor e material escolares
Estas subvencións, cuxas bases reguladoras saen hoxe publicadas no BOP, son relativas ó presente curso 2015-2016
![[Img #20505]](upload/img/periodico/img_20505.jpg)
A concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informou de que onte sairon publicadas no BOP, Boletín Oficial da Provincia, as bases reguladoras das axudas para o uso do servizo de comedor escolar e adquisición de material para o curso 2015-2016.
No caso das axudas para o comedor escolar, é obxecto da presente convocatoria regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado de educación infantil (segundo ciclo) e educación primaria para o uso do servizo de comedor dos CEIP públicos do Concello de Mos, sempre e cando este non goce de gratuidade.
O outorgamento destas subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva acorde cos criterios recollidos nas bases. Para poder optar a estas axudas, os interesados e interesadas deberán cumprir como requisitos ser pai, nai ou titor/a dun/dunha alumno/a matriculado no curso 2015/2016 nun dos cursos e centros obxecto da axuda; que o/a solicitante das axudas e o alumno/a estean empadroados no Concello de Mos; non ter débedas con ningunha entidade pública e cumprir o baremo económico recollido na Base V.
As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado no Concello, e o prazo de presentación das solicitudes será de 20 días contados a partir do día seguinte da publicación no BOP, que foi onte 14 de setembro de 2015.
En canto ás axudas para a adquisición de material escolar, o obxecto da presente convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado, de educación infantil (primeiro e segundo ciclo), primaria e secundaria, sempre e cando estes non gocen de subvención ou sexan cedidos por outras administracións.
O outorgamento destas subvencións se realizarán en réxime de concorrencia competitiva de acordo cos criterios recollidos nas bases.
O concepto subvencionable será o material escolar, considerado este como aquel necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, excluíndo expresamente os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións
Para poder optar a estas axudas, os interesados deberán de cumprir os seguintes requisitos: ser pai, nai ou titor/a dun/dunha alumno/a que este matriculado para o curso 2015/2016 nun dos cursos obxecto da axuda; que o/a solicitante das axudas e o/a alumno/a estean empadroados no Concello de Mos; non ter débedas coa administración local de Mos e cumprir co baremo económico recollido na base V.
O importe das axudas non superarán en ningún caso o 100 % do gasto xustificado nin o importe seguinte: Educación Infantil (0- ata 3 anos) ata 20,00 €, Educación Infantil (3- ata 6 anos) ata 50,00 €, Educación Primaria ata 40,00 € e Educación Secundaria ata 40,00 €.
As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo facilitado no Concello, no prazo de 20 días, contando dende o día seguinte a publicación do anuncio no B.O.P e as mesmas poderán presentarse no Rexistro do Concello de Mos ou nalgún dos lugares que permite o artigo 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115