Ponteareas
Silvia Taboada consegue o primeiro posto na categoría “A Internacional” da competición celebrada en Barro
Trátase da categoría máis importante do campionato que abre oficialmente a temporada estatal de baile deportivo
Silvia Taboada, directora do Centro de Actividades Silvia Taboada de Ponteareas, e a súa parella de baile Celso Galán, veñen de conseguir excelentes resultados no campionato de baile deportivo celebrado a pasada fin de semana no concello pontevedrés de Barro, o cal abría oficialmente a temporada estatal de baile deportivo 2015/2016 .
Taboada e Galán acadaron a primeira posición na categoría “A Internacional”, a máis importante de cantas se celebraban no torneo, sendo gañadores das probas de baile de samba, cha cha chá, pasodobre, rumba e ‘jive’. Os galegos foron capaces tamén de conseguir dous segundos postos nas categorías de “Primeira Territorial de Bailes Standard” e “Open de Latinos”.
Silvia e Celso representaron ao club “Querobaile” nunha competición que contou coa participación de máis de 90 parellas procedentes de diferentes partes de España. Trátase dunha parella que xa competiu de maneira profesional nos inicios do baile deportivo e de Salón en Galicia, hai agora 15 anos, e que decidiu volver á competición despois de todo este tempo, comezando a adestrar no pasado mes de xuño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180