Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 17 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Vinte e seis pezas escultóricas e pictóricas de Xulio Lago na Área Panorámica de Tui

O luns 14 de setembro presentábase a exposición “Colección 2005-2015” do artista vigués Xulio Lago na Sala de Exposicións da Área Panorámica. Á presentación acudiron a concelleira de Cultura do Concello de Tui, María José González, a bibliotecaria Helena Rodríguez e Xulio Lago.

 

En total, Xulio Lago amosa vinte e seis pezas de escultura e pintura realizadas ó longo dunha década, que se poderán visitar, totalmente de balde, até o 11 de outubro. O artista confesou que a súa mostra é toda unha busca de preguntas que non teñen resposta, e pretende que todos aqueles que se acheguen a ver a súa exposición, se pregunten cuestións.

 

Os cadros de pintura de Xulio Lago están realizados con técnica mixta, sempre descubrindo o uso de novos materiais e texturas; pola súa parte, as pezas escultóricas están feitas con aceiro, madeira e pedra.

 

“Colección 2005-2015” trátase de diferentes series de distintas etapas que conforman un percorrido plástico que nos achega á personalidade de Xulio Lago, realizadas sempre cunha linguaxe propia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.