GALICIA
Amplíase a alerta laranxa vixente por choiva cunha nova alerta por vento en Pontevedra
A Comisión Escolar de Alertas recorda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar nos centros de ensino galegos
![[Img #20552]](upload/img/periodico/img_20552.jpg)
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia alerta dun temporal de nivel laranxa por vento na provincia de Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación galega, ampliase a alerta laranxa vixente por choiva na provincia de de Pontevedra e na zona oeste e suroeste da Coruña, cunha nova alerta laranxa por ventos na provincia de Pontevedra, concretamente no ámbito das Rías Baixas, podendo acadar refachos de vento de ata 100 km/h.
Os refachos máximos de vento poderán superar os 90 km/h. nas zonas noroeste, Miño e Valdeorras da provincia de Ourense; no interior da Coruña e no centro e zona sur da de Lugo. Na zona da montaña e da Mariña lucense e no interior de Pontevedra o vento poderá superar os 100 km/h. e no sur e montaña de Ourense os 110 km/h.
Suspensión das actividades no exterior dos centros educativos
Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas acaba de tomar a decisión de suspender mañá as actividades no exterior dos centros educativos polo aviso deste temporal de vento que afectará a partir desta media noite a toda a comunidade galega.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión acordou a suspensión das actividades, con seguimento das condicións meteorolóxicas. No caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115