Tui
Ata o 5 de outubro aberto o prazo para participar no programa “Coidarte”
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais, convoca unha nova edición do programa “Coidarte” no que participará o Concello de Tui, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan nas enquisas os participantes en edicións pasadas, onde o cualifican moi positivo. O prazo para solicitar a participación rematará o 5 de outubro.
Coidarte”, ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico.
A iniciativa dálles a posibilidade ás persoas usuarias de participar nun programa de balnearios ó tempo que lles fan fronte as súas obrigas persoais e cargas familiares. Os establecementos adheridos son: Balneario Termas de Cuntis; Talaso Spa en Moaña; Balneario Illa da Toxa; Vía Argentum en Silleda; Talaso Atlántico en Oia e Palacio da Auga en Mondariz Balneario.
A Deputación de Pontevedra subvenciona para este programa 40 euros por persoa; os concellos adheridos outros 10 e a cantidade restante deberá ser abonada por cada beneficiario. O prezo inclúe: o traslado en autobús desde o lugar de orixe ata o establecemento elixido; dúas horas diarias durante cinco tardes seguidas nas instalacións do balneario, talaso ou spa elixidos; gorro e chanclas; un refrixerio para despois da actividade correspondente; excursión; seguro de viaxe e dos establecementos e guía acompañante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101