Tui
Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento
![[Img #20562]](upload/img/periodico/img_20562.jpg)
A Real Academia Galega celebrou este martes, 15 de setembro, unha xornada na honra de Xosé María Álvarez Blázquez no centenario do seu nacemento. O acto desenvolveuse na Área Panorámica -Sala Félix Rodríguez- de Tui, a vila natal do polígrafo, membro de número da Academia e protagonista do Día das Letras Galegas de 2008.
Esta homenaxe consistiu nunha mesa redonda, moderada pola académica Margarita Ledo, na que disertaron sobre distintos aspectos do legado de Álvarez Blázquez a investigadora Ana Acuña, autora do Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez; o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do homenaxeado; e o académico Darío Xohán Cabana, que colaborou con el nos anos 70 en Edicións Castrelos.
Na súa intervención, a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña afondou en novas vías para o coñecemento e o recoñecemento da vida e da obra de Álvarez Blázquez. Xosé María Álvarez Blázquez, Pepe Cáccamo, detíase en Canle segredo, poemario escrito entre 1951 e 1953 pero que non saíu á luz ata 1976; e Darío Xohán Cabana achegaba o seu recordo do homenaxeado como mestre de mocidade durante os anos que traballou con el en Edicións Castrelos, entre 1971 e 1975.
Na presentación da mesa redonda participou tamén, xunto ao presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, María José González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101