GALICIA
Mais do 50% das incidencias provocadas pola meteoroloxía adversa correspóndese á caída de árbores e polas
O CAE 112 Galicia leva rexistrado no período comprendido entre as 18:00 00 horas da tarde de onte e as 08:00 horas desta mañá, un total de 130 incidencias relacionadas coa metereoloxía adversa que estes días afecta á Comunidade autónoma galega. Das cales, mais do 50% correspóndese á caída de árbores e polas. E, en menor medida as relacionadas coa acumulación de auga en estradas e rúas, desprendementos de terra, pedras, postes e cables de luz e teléfono.
Por provincias, Pontevedra foi a mais afectada cun total de 50 incidencias rexistradas, seguida de A Coruña con 32, e un total de 24 incidencias para Lugo e Ourense. Por fortuna, ningunha das incidencias rexistradas revestiu gravidade. Na Illa de Arousa, desprendeuse o tellado dun edificio en construción e, pese a que, non houbo danos persoais si danou un coche que estaba estacionado na 2ª Travesía do Campo.
En Santiago de Compostela e Vigo, dúas árbores caeron enriba de dous coches tamén sen ocasionar danos persoais. En Melón, un desprendemento de pedras afectou á A-52, concretamente, no punto quilométrico 263.
Accidente no Porriño
Por outra banda, en O Porriño, unha persoa resultou ferida nun accidente múltiple catro turismos implicados-. O accidente tivo lugar na A-55, no punto quilométrico 18. O CAE 112 Galicia, tras recibir o aviso dun particular sobre as 22:00 horas de onte, de inmediato, alertou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e, ademais, pediu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191