GALICIA
Hoxe concentración da CIG-Servizos no Lidl da Rocha en demanda dun convenio colectivo galego
A CIG-Servizos ten convocada unha concentración para hoxe xoves, día 17 de setembro, ás 11:00 horas, diante do Lidl da Rocha. A mobilización insírese "nunha campaña nacional de protestas –das que a primeira tivo lugar en Vigo o pasado día 3 de setembro- contra a decisión da empresa de negociar un convenio propio estatal que suporá para cada traballadora e traballador/a galego unha perda dunha media de 3.000 euros anuais".
Segundo a CIG "a intención de Lidl con este novo convenio propio a nivel estatal é conseguir unhas condicións por debaixo dos convenios provinciais para poder competir coas outras cadeas de alimentación que teñen convenios propios". Isto, segundo cálculos da CIG-Servizos, provocará "unha perda salarial duns 3.000 euros ao ano para cada traballador/a, co agravante de que a maioría do persoal son mulleres. Estamos falando de que máis do 90% son traballadoras que teñen contrato a tempo parcial”, explican.
Con esta campaña de mobilizacións a CIG demanda da dirección de Lidl que se aplique en Galiza o mesmo acordo negociado en Euskal Herria, petición que xa foi tramitada e remitida por escrito tras asinaren todas/os as/os delegadas/os de todos os sindicatos con representación en Galiza.
Malia isto, a CIG-Servizos critica que a empresa se reunise xa a nivel estatal con CCOO e UGT sen ter avisado á CIG o que fai temer que en breve se presente ese convenio estatal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191