Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

A chegada do 4G pode afectar á recepción do sinal das canles de TDT

Os usuarios que teñan problemas no sinal, poderán chamar gratis ó teléfono 900 833 999 ou dirixirse a www.llega800.es

[Img #20589]Concello de Tui, en comunicado de prensa, informa que a chegada do 4G á cidade pode afectar á recepción do sinal das canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

 

Debido a este problema, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Orde IET/329/2015, do 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar os erros na recepción, garantindo que as molestias ós cidadáns sexan mínimas e a solución gratuíta.

 

Para solucionar as afectacións que poden aparecer en Tui, o Ministerio de Industria pon á disposición da poboación dun teléfono de atención gratuíto, o 900 833 999 e unha páxina web, www.llega800.es  á cal poden acudir todos os usuarios para solicitar a actuación nas súas instalacións.

 

Unha vez recibida a notificación da afectación por parte dos usuarios de TDT, un técnico cualificado desprazarase alí onde se detectara o problema e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarios totalmente de balde.

 

A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias de 800 MHz, anteriormente utilizada pola TDT, permite ofrecer as mellores prestacións sobre esta tecnoloxía, ofrecendo unha mellor cobertura en interiores e extensión de cobertura posible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.