Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Coro Piñeiro visita o Centro de Día de Mos

A visita, que se enmarca na celebración do Dia Internacional do Alzheimer este próximo luns 21 de setembro, xurdiu co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vinculadas a este centro

[Img #20599]A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, visitaba este venres 18 o centro de día  de Mos nunha iniciativa que se enmarca dentro da celebración do Día Internacional do Alzheimer – que se celebra este luns 21 de setembro-  e co obxectivo de analizar de preto as necesidades e as inquietudes vinculadas a este centro, tanto no plano material, como persoal e ou de recursos humanos.


Estiveron presentes ademáis da Secretaria Xeral;  o Alcalde en funcións, Alberto Méndez, a edil de políticas Social, Sara Cebreiro e Juan Carlos Rodriguez, Presidente de AFAGA , Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, que son na actualidade -tras un  convenio firmado entre AFAGA e o Concello- quen  se encargan da  xestión do centro de día, ubicado na  parte xa rehabilitada da antiga Casa Reitoral de Petelos.

 

Actualmente son 15 os usuarios que acuden dous días a semana ás actividades  de memoria e  talleres dirixidos a posibilitar que a persoa siga sendo autónoma, previr situacions de risco ou combatir a soidade que lles afecta a moitos deles.  Agora  o obxectivo que  se propón o Concello é o de poder abrir, o antes posible, todos os días da semana de tal forma que as familias que teñan ao seu coidado unha persoa enferma de Alzheimer poidan solicitar este servizo a través do Departamento de Benestar Social.

 
O centro está adaptado ás necesidades físico-funcionais dos usuarios e alberga un gran salón multiusos onde se diferencian zoas destinadas a descanso e tv,   talleres e convivencia. 


Despois da  visita a Concelleira  Sara Cebreiro manifestaba  que “este é un centro dirixido a aquellas personas que nesta etapa das súas vidas necesitan máis axuda ca nunca". 


Nesta línea, tanto Méndez coma Cebreiro dirixironse á secretaria para "solicitar que nestes momentos se faga todo o esforzo posible para que estas personas dependentes ou en risco de selo, despois de ter unha larga vida con todo o que elo conleva, teñan agora  a súa compensación e poidan  acudir a un centro destas características tan demandado en Mos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.