Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Nigrán

O PPdN acusa o goberno socialista de permitir a instalación dun circo “sen ningún tipo de autorización e con animais”

Dende o goberno de Nigrán consideran “ridícula” e ata “infantil” esta acusación do Partido Popular e aclaran que as funcións levadas a cabo por Cirkus Life, pertencente á Festa Escénica e que “concluíron a finais de agosto e non incluían show con animais”

[Img #20601]O PPdN denuncia a “ocupación da parcela do campo de fútbol de Monte Lourido desde principios do mes de agosto por parte dun circo que carece de calquera tipo de autorización, unha circunstancia que foi ignorada consciente ou inconscientemente por parte do goberno socialista”, apunta o portavoz popular, Alberto Valverde.

 

O portavoz popular mantén ademais que se a permanencia irregular desta instalación é de seu preocupante, o é tamén “que este circo teño animais, incumprindo un acordo plenario aprobado no mandato anterior no que Nigrán proclamábase municipio libre de circos con animais, unha proba inequívoca do deixamento e descoñecemento que reina no goberno local”, subliña Valverde.

 

Acusacións “ridículas”

 

O goberno de Nigrán considera “ridícula” e ata “infantil”  esta acusación do Partido Popular referente a un suposto espectáculo de circo con animnales en Lourido e aclara que “as funcións levadas a cabo por Cirkus Life, pertencente á Festa Escénica, concluíron a finais de agosto e non incluían show con animais, ademais de contar

 

Dende o concello aclaran que o feito de que “a compañía teña un pónei e léveo consigo non é ningunha ilegalidade nin incumpre ningún acordo plenario aínda que o PP queira manipular a realidade para consideralo un espectáculo con animais”.

 

coa necesaria autorización do Concello para a súa realización” engadindo que o espectáculño ‘Viaxe submarina’ trátase “dunha das últimas creacións da compañía radicada en Oia -moi coñecida precisamente por non empregar animais nas súas función- e neste caso o propio show servíase de 18 personaxes caracterizados como animais mariños, peixes, mantas...”

 

Dende o concello aclaran que o feito de que “a compañía teña un pónei e léveo consigo non é ningunha ilegalidade nin incumpre ningún acordo plenario aínda que o PP queira manipular a realidade para consideralo un espectáculo con animais”. Finalmente, puntualizan que “este espectáculo deixouno contratado o goberno de Alberto Valverde e,  nun acto que o PP bautizou como ‘vampirización’, o novo goberno non o suspendeu e continuou adiante con el. É curioso que cando gobernaba fose legal e agora non” rematan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.