Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Acipor e o CCA Morea lanzan o concurso “O Pirata Xan Martiño” para nenos e nenas do Porriño na súa campaña “A volta ao cole”.

[Img #20622]A Presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño– Morea da Asociacion de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez Rodríguez, e a xerente do mesmo, Noelia Conde, presentaron a través dunha comparecencia de prensa o concurso “O Pirata Xan Martiño e os cofres do Porriño” dentro da súa campaña “A volta ao cole”.

 

Na campaña participan un importante número de  librerías, tendas de roupa deportiva, comercios de agasallo e áreas de xogos, calzado e roupa infantil do Porriño, que queren deste xeito, animar a volta ao cole dos máis peques da casa con este novedoso concurso.

 

Poderán participar nenos e nenas do Porriño de idades comprendidas entre 4 e 12 anos, e consistirá nunha serie de acertixos rimados que serán publicados na páxina de Facebook do CCA Morea, e que os nenos e nenas deberán resolver dende o día 21 ata o 25 de setembro e ir apuntando nunha ficha de respostas que poderán conseguir nos comercios participantes na campaña ou descargar ou no Facebook do CCA Morea ou na páxina web www.ccamorea.es.

 

Entre todos os nenos e nenas participantes no concurso, sortearanse dous cofres con moitos regalos donados polos comercios participantes.

 

Con esta medida, ACIPOR pretende dar a coñecer a gran oferta comercial de productos infantís existente no Porriño e que os nenos e nenas coñezan un pouco máis o seu pobo, a súa historia e a súa arquitectura urbana para poder gañar fantásticos premios.

 

Máis información na páxina web www.ccamorea.es e nos comercios participantes no concurso.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.