O Porriño
O Igape salienta a diferenciación e a calidade dos produtos da empresa porriñesa Koala
O director do Igape, Javier Aguilera, salientaba o pasado día 28 no Porriño na súa visita ás instalacións de Koala Internacional Hostelería a proxección exterior grazas á calidade e diferenciación dos produtos desta empresa que fabrica a medida utensilios e complementos funcionais e innovadores relacionados co mundo do viño e do cava.
A compañía galega, que vende actualmente a 45 países e o ano pasado conseguiu mediante as exportacións o 40% da súa facturación, colaborou con outras seis empresas para acceder ao mercado de Brasil, no marco dun proxecto apoiado polo programa Primex do Igape. Koala Internacional Hostelería fabrica a medida tanto para o mundo do fogar, para compañáis como Ibeira ou El Corte Inglés e tamén como para grandes marcas de bebidas como Freixenet, Torres, Martín Códax ou Marques de Riscal.
Durante a visita, o director do Igape lembrou o amplo abano de servizos e apoios habilitados pola Consellería de Economía e Industria para facilitar a mellora da competitividade –como o programa Reacciona– ou a internacionalización das empresas. Neste caso, referiuse á recente activación do programa Primex 2015, que se abre para apoiar tanto actuacións en orixe como en destino, para facilitar a consolidación das exportacións das empresas galegas, no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa galega 2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191