O Porriño
O condutor dun turismo perdeu a vida na A-55, no Porriño, tras colidir cun camión
Un home faleceu esta mañá no Porriño a causa dun accidente de tráfico na A-55, no Porriño. Un coche e un camión colidiron á altura da saída número 22, en sentido Vigo. Como consecuencia do golpe, o ocupante do turismo quedou nunha posición complicada, que fixo necesaria a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño. Cando lograron acceder ó condutor, comprobaron que entrara en parada cardiorrespiratoria. Pese ós intentos para reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.
O accidente ocasionou, ademais, importantes retencións, pois foi necesario pechar ó tráfico o carril dereito en sentido Vigo. Ás 11:00 horas de hoxe, o CAE 112 Galicia recibiu a chamada doutro condutor, que pediu axuda para sacar á vítima do interior do vehículo. Así, ademais dos efectivos do parque comarcal, o persoal do 112 avisou a Urxencias Médicas, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191