Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos preséntase como sede da RED Conecta, na que os mozos do municipio poden certificar os seus coñecementos de informática

A Axencia de Colocación alberga esta iniciativa promovida por Microsoft e a Fundación Esplai

[Img #20647]

 

Este luns celebrouse a inauguración da RED Conecta na Axencia de Colocación de Mos, na que estiveron presentes o alcalde por delegación, Alberto Méndez, e o resto de membros do equipo de goberno local xunto con Gabriel González, responsable da área de e-inclusión da Fundación Esplai, Pedro Aguilera, responsable de relacións e proxectos europeos da Fundación Esplai, Núria Valls, directora xeral da Fundación Esplai e Carlos de la Iglesia por parte de Microsoft.

 

 O pasado mes de maio o Concello de Mos asinou un convenio coa Fundación Esplai para o desenvolvemento de programas de e-inclusión -ou inclusión laboral vinculada a Internet e ás novas tecnoloxías- a través do proxecto Red Conecta.

 

A primeira iniciativa da que se beneficiará Mos gracias a este convenio, ademais da licenza gratuíta dos programas informáticos de Microsoft que se instalaron nos ordenadores da Aula CemiT da Axencia de Colocación, será o proxecto ‘MOS for Employability: BECA.MOS’ promovido por Microsoft Ibérica e a Fundación Esplai. Este proxecto pretende traballar pola empregabilidade das persoas xóvenes (sobre todo na franxa de idade de 16 a 30 anos) mediante a súa formación e acreditación en coñecementos informáticos comezando polos programas Word, Excel e Power Point.

 

BECA.MOS (Microsoft Office Specialist) serve para certificar as competencias dixitais en Office 2010 de forma totalmente subvencionada e así mellorar o currículo cun título oficial e de validez internacional e que valida créditos de libre elección nalgunhas universidades.

 

A Axencia de Colocación complementa a súa oferta formativa de novas tecnoloxías a través deste novo programa para o fomento da empregabilidade dos mozos de entre 16 e 30 anos. Non ten custo ningún para o Concello, pois a Fundación Esplai asumirá todos os gastos de proceso e as licenzas Office 2010 necesarias para realizar a formación e os exames.

 

Gracias á posta en marcha deste proxecto os mozos e mozas mosenses interesados poderán acreditar oficialmente os seus coñecementos de ofimática en programas como Word, Excel e PowerPoint.

 

Supón para a concellería de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto un novo reto, para sumar posibilidades e compartir o compromiso de mellorar a empregabilidade dos mozos, co obxectivo de dotalos de ferramentas que lles permitan romper coas tremendas cifras de paro xuvenil actual e así facilitar o dereito á formación e á acreditación dos seus coñecementos dixitais.

 

Como xa se dixo, o pasado mes de maio asinouse o convenio de adhesión entre o Concello de Mos e a Fundación de Acción Social, Educación e Tempo Libre Esplai, para o desenvolvemento de programas de e-inclusión a través do proxecto Red Conecta cuxos obxectivos son promover o traballo en rede, potenciar a integración dos colectivos en risco de exclusión social, mellorar a formación e capacitación das persoas destinatarias a través das Tecnoloxías da Información e a comunicación (TIC), incrementando as súas posibilidades de inserción no mercado laboral; promover o voluntariado e o traballo en rede entre asociacións locais, para a implicación da cidadanía no desenvolvemento comunitario e ofrecer á administración pública a posibilidade de achegar a tecnoloxía ás persoas con dificultades sociais, promovendo a e-administración en cada un dos ámbitos de intervención a nivel estatal, autonómico e local.
 

A Fundación Esplai é a impulsora da Red Conecta, que coordina o proxecto, proporciona asesoramento, desenvolvemento e apoio metodolóxico, fomentando a innovación. Proporciona formación gratuíta a todos os dinamizadores da rede e realiza asesoramento e acompañamento ás entidades. O Concello achega a experiencia en diferentes aspectos cruciais para o proxecto coma traballo comunitario, intervención directa con colectivos desfavorecidos, etc. Así mesmo, a administración local mosense aporta a súa experiencia na realización de programas de alfabetización dixital, achega o espazo TIC e os profesinais docentes e/ou dinamizadores.

 

Calquera persoa que estea interesada en participar neste proxecto así como en certificarse ten previamente que ser dada de alta en www.certiport.com para poder recibir un número de usuario e un contrasinal que lles permita logo realizar o exame. Os interesados deben dirixirse á Axencia de Colocación de Mos para obter máis información e inscribirse nesta iniciativa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.176

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.