Ponteareas
O grupo “Efecto Polilla” de Teo gaña o XLVIII Concurso de Gaitas de Ponteareas
O xurado da XLVIII edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas acordou conceder o Primeiro Premio ó grupo “EFECTO POLILLA” de Teo (A Coruña). Dito cuarteto estaba composto por, Xexús Rodríguez Callejón, Pablo Dalama Piñeiro, Miguel Anxo López Buján e Ricardo González Martínez.
O primeiro premio do Concurso de Gaitas de Ponteareas está dotado de 1.800,00 euros, diploma e medallas conmemorativas.
O segundo premio, dotado de 1.200,00 euros correspondeulle ó grupo “LUDOVAINA” de Cangas.
O terceiro premio, dotado coa cantidade de 900,00 euros foi para o grupo “VIRUTAS DE ÉBANO” de Vigo.
O cuarto premio, con un importe de 600,00 euros foi para o grupo “MARAGHOTAS” de Vigo.
O Concello de Ponteareas adicou esta edición do concurso de gaitas e entregou un diploma honorífico , a título póstumo, a D. Constante Ledo Sobrino ( Cristiñade 1920 - 2008), percusionista, tocaba o bombo, e formou parte da Banda de Música de Cristiñade, do Rancho de Reis de Cristiñade, da Banda de Música de Gulán e, entre outros, do grupo de Gaitas “Anduriñas de Cristiñade”, co cal acadou un 2º premio no concurso de gaitas de Ponteareas. Recolleu o diploma o seu fillo, Rodolfo Ledo Ledo.
Sinalar que nesta participaron un total de quince grupos, o número máximo de acordo coas bases do concurso, quedando fora dous grupos por sobrepasarse o número máximo de participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103