Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 22 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Nigrán

O concello de Nigrán retornará a Rúa Mariñeiro ao dobre sentido tras repintarse o vial a vindeira semana

O ATSA recuperará tamén o seu itinerario orixinario en cando se efectúe o cambio

[Img #20653]O Concello de Nigrán devolverá o dobre sentido á rúa Mariñeiro de Panxón, dende 2013 de sentido único descendente. Paralelamente, o goberno buscará solucións para habilitar novos espazos de aparcamento na parroquia de cara aos meses de verán, xullo e agosto, sen descartar que o ano próximo volte a ser de sentido único so durante este periodo estival e se non se acada antes un novo lugar de aparcamento. A medida, que entrará en vigor en canto se proceda ao repintado a vindeira semana cun custo de 811,31 euros, cumpre coas demandas dos veciños e permitirá que deixe de circular gran cantidade de tráfico as portas do CPI de Panxón, nunhas rúas estreitas e sen beirarrúas por onde transitan moitos menores coa inseguridade que isto conleva. Por outra banda, non perxudicará a hosteleiros e visitantes, xa que o goberno se compromete a buscar unha solución para non diminuir as prazas para vehículos no verán, cando a poboación se multiplica. Finalmente, permitirá que a liña de autobuses volte inmediatamente a circular polo seu itinerario orixinario, acabando así cos incómodos desprazamentos dos veciños ata o cruce de Monteferro. “Consideramos absurdo manter o único sentido porque tódalas prazas de aparcamento están baleiras e é un perigo derivar o tráfico ás portas dun colexio,; xa para o verán buscaremos unha solución para os turismos”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Nun comunicado sinalan que "o anterior goberno do PP tomou a decisión unilateral no 2013 de facer en sentido única a rúa Mariñeiro pese a un acordo plenario en contra de toda a oposición e as críticas dos veciños. Dende entón, o tráfico que sube dende o porto e o seu entorno cara a estrada PO-325 ten que circular polo Camiño dos Lagos, onde se atopa o mencionado colexio. Ademáis, esta reorganización circulatoria significou tamén que se mudase o percorrido do transporte público de viaxeiros, aumentado a distancia coa parada para moitos veciños".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.