Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Concello de Ponteareas preséntase como acusación no procedemento aberto pola 'operación Patos'

Represas cre que os actuais concelleiros do PP “deben asumir as súas responsabilidades e non seguir danando a imaxe do Concello coa súa presenza na Corporación como concelleiros”

[Img #20656]

 

A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas acordou onte luns, 21 de setembro, presentarse como acusación particular na causa xudicial que investiga a presunta corrupción destapada na operación Patos. Segundo explican nun comunicado de prensa emitido onte dende o Concello de Ponteareas “no marco de dita operación, a UDEF (Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal) atribúe ao ex alcalde do PP Salvador González Solla e á ex concelleira de Facenda, Belén Villar, a presunta comisión de delitos de prevaricación, falsidade documental e contra a facenda pública”.

 

En nota de prensa aseguran que -Segundo a UDEF- “as presuntas actuacións delitivas de Solla e Villar están relacionadas coa concesión da estación de tratamento de auga potable a unha empresa e as falsidades cometidas na xustificación de diferentes subvencións”. O goberno local considera que “esas actuacións puideron danar ao concello causándolle un prexuízo económico, o cal xustifica a presentación do consistorio como acusación para formular unha acusación particular e esixir a responsabilidade civil, se a houbera, que corresponda en cada caso”. Represas asegura que se trata “de actuar en defensa dos intereses municipais”.

 

Ademais, o o rexedor anunciou que levará á vindeira Xunta de Goberno unha proposta para que o Pleno acorde constituír unha comisión de investigación que, á marxe das responsabilidades penais, depure as responsabilidades políticas.

 

Neste senso, Represas indicou que “espero que á vista da investigación policial e das escandalosas conversas telefónicas intervidas, os implicados asuman de inmediato a súa responsabilidade e non sigan danando a imaxe do Concello coa súa presenza na Corporación como concelleiros”. Segundo o alcalde, “os feitos son gravísimos, as acusacións demoledoras, as probas contundentes e as vergonzosas conversas intervidas causan indignación e escándalo a calquera veciño”.

 

Por último, Represas anunciou que “se colaborará coa xustiza en todo o que precise para esclarecer os feitos e se abrirán as investigacións internas que sexan necesarias de confirmarse, como advirte a UDEF, a implicación de funcionarios”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.