Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos impulsa una a rede municipal solidaria ‘Mos Axuda’

A concellería de Política Social atópase xestionando os últimos detalles tras reunirse co presidente do Banco de Alimentos de Vigo

[Img #20666]

 

Dende a concellería de Política Social mosense estanse a ultimar os detalles para por en marcha inminentemente a rede municipal solidaria Mos Axuda. Precisamente fai poucos días a edil Sara Cebreiro e unha técnico do departamento reuníronse co presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira, para estudiar tódalas posibles liñas de axuda ás que o Concello de Mos pode acceder para poñer en marcha esta iniciativa e ir optimizándoa progresivamente dende o seu nacemento.

 

A administración local contará coa colaboración dos tecidos asociativo e empresarial mosenses así coma dos voluntarios de Protección Civil

 

Na iniciativa Mos Axuda a administración local vai da man dos tecidos asociativo e empresarial mosenses así coma dos voluntarios de Protección Civil. Nela están representadas tanto as asociacións culturais mosenses, como as asociacións deportivas, as asociacións sociais, o tecido empresarial mosense e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

 

Mos Axuda presenta un plan no que van da man o Concello  e os colectivos que acaban de ser mencionados para implementar as prestacións e servizos sociais municipais.

 

Mediante dito plan potenciarase o Programa de Axudas de Emerxencia Social, dotándoo de maiores recursos económicos, así como habilitando unha partida específica para as Axudas de Emerxencia Social da Infancia (lentes, axudas dentais,...).

 

Ademais, incluído tamén en Mos Axuda, crearase o servizo de Armario e Banco de Alimentos Municipal, brindando deste xeito o apoio ás necesidades sociais e humanas, converténdose este servizo nun referente de axuda ao cidadán en situación de desamparo. Este servizo estará moi apoiado na rede solidaria Mos Axuda, ó ser fundamental a colaboración de empresas, entidades/asociacións de carácter local, particulares, etc.

 

Por último, Mos Axuda contempla tamén a creación do Plan de Intervención contra a Exclusión Social, no que se convertirá á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos nun piar fundamental. Da man dos departamento municipal de Política Social que dirixe a concelleira Sara Cebreiro deseñarase un estudo para elaborar un mapa das carencias sociais que afectan ao contorno mosense. A partir de aí deseñarase un proxecto de intervención que dará resposta a cada unha das necesidades individuais. O éxito desta iniciativa radicará na estreita coordinación entre o departamento de Política Social e Protección Civil.

 

Por último dende o Concello sinalan que “este plan está baseado fundamentalmente na profunda unión, apoio e colaboración entre Concello, empresarios, asociacións culturais, deportivas e sociais e voluntarios de Protección Civil en beneficio das persoas máis necesitadas da localidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.