Jueves, 09 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 25 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Preto de 50 vehículos de toda a comarca do Baixo Miño participarán no II Rally San Telmo de Regularidade

Os coches participantes estarán en Tui, este sábado día 26 de setembro na traseira da Área Panorámica, para poder ser contemplados polos asistentes

Preto de 50 vehículos de toda a comarca do Baixo Miño e do norte de Portugal participarán no II Rally San Telmo de Regularidade. Onte, ás 12.30 horas españolas, no edificio da Cámara Municipal de Valença, realizouse a presentación do “II Rally da Regularidade San Telmo”, organizado pola Escudería Doña Urraca, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado día 26 de setembro.

 

Á presentación acudiron Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, José Monte, vereador de Deportes da Cámara Municipal de Valença e Marcos Romero, presidente da Escudería Doña Urraca.

 

Laureano Alonso e José Monte, concelleiros de Deportes, coincidiron en subliñar a importancia deste rally, xa que se trata dunha importante iniciativa para dinamizar a Eurocidade, ó fortalecer a vida comercial e hostaleira das dúas cidades.

 

Marcos Romero, presidente da Escudería Doña Urraca, deu conta de que esta proba ten un cariz solidario, xa que os participantes deben entregar 5 quilos de alimento no momento de inscribirse, que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño e á Loja Social de Valença.

 

Os coches participantes estarán na Fortaleza de Valença de 13h a 15h e na traseira da Área Panorámica de Tui de 15h a 17h para poder ser contemplados polo público asistente.  A partir das cinco da tarde, comeza a carreira. O itinerario da ruta vai ser secreto ata o momento da saída, e ós participantes entregaráselles unha guía da ruta. Deberán manter a súa velocidade, que será controlada polos membros da organización. Unha vez finalizada a proba farase unha cea cos participantes onde se fará a entrega de premios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.