Martes, 18 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva e César Mosquera poñen en valor o traballo do conxunto do goberno

O Pleno da Deputación de mañá venres aprobará unha modificación de crédito para visibilizar a nova política á fronte da institución provincial

[Img #20686]

 

A presidenta e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e César Mosquera, compareceron conxuntamente hoxe en rolda de prensa para analizar os 67 días transcorridos desde a toma de posesión. Puxeron en valor o realizado por todo o Goberno provincial e, sobre todo, a modificación de crédito que aprobará mañá o Pleno, que reflicte a nova política da institución.

 

A presidenta sinalou o novo modelo de relación cos concellos, "cunha deputación intermunicipal e non supramunicipal en constante colaboración cos municipios", e puxo como exemplo as xuntanzas feitas cos concellos de máis de vinte mil habitantes e tamén as "saídas a outros lugares para coñecer as experiencias e os modelos en materia de residuos ou as visitas ás deputacións de Sevilla e Badajoz".

 

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, abundou nas verbas de Carmela Silva e asegurou que o Goberno provincial "está traballando a toda máquina no cumprimento do programa". Lembrou que "hai dous meses, cando se presentou o acordo de goberno, os voceiros dos dous grupos dixemos que o máis difícil fora elaborar o programa. Agora estamos traballando nel en sintonía e, tendo en conta o período no que foi -os meses de verán-, xa temos avanzado moito". Neste sentido agradeceulles a moitos funcionarios que aprazasen as súas vacacións por vontade propia para colaborar na posta en marcha dalgúns proxectos.

 

Carmela Silva subliñou a nova maneira de goberno, como se demostra na separación dos funcionarios da estrutura política; os novos concursos-oposición onde participan funcionarios dos concellos máis poboados da provincia e da universidade; ou as mesas de contratación onde están invitados todos os grupos da oposición garantindo a máxima transparencia.

 

A modificación de crédito que se aprobará mañá no Pleno contempla, entre outras partidas, a cantidade de 3 millóns de euros para o Plan de Emprego de 1.550 persoas nos concellos, "cunha xornada de 35 horas e case que mil euros de salario", destacou Silva. Este plan terá continuidade o próximo ano, segundo anunciou a presidenta.

 

Tamén se aproban partidas para a creación do Servizo de Igualdade, do cal carecía a Deputación, ou para a xestión dos novos plans europeos, ademais de diversos proxectos coma a compra de composteiros.

 

Mosquera, que se definiu como "bo coñecedor desta casa", afirmou tamén que o funcionamento global do actual Goberno de coalición "é mellor que cando estaba en solitario o PP, cando se facían as cousas 'manu militari'".

 

En canto á modificación de crédito que se aprobará mañá no Pleno ordinario (con novas actuacións por valor de 8,3 millóns de euros) o nacionalista destacou os máis de 2,5 millóns que se destinarán a infraestruturas e seguranza viaria para o mantemento e a reforma da rede provincial -que alcanza os 1.700 quilómetros-.

 

Tamén se referiu ós 500.000 euros incluídos no convenio co Concello de Pontevedra, que se destinarán ó saneamento do río dos Gafos, e os 550.000 euros que permitirán a construción dunha glorieta no acceso á Cidade Infantil Príncipe Felipe. Esta última actuación, lembrou, leva aparcada desde que se proxectou a estrada provincial, nos tempos nos que Manuel Abeledo era presidente da Deputación.

 

Outro dos destinos dos fondos da modificación de crédito será a área de Normalización Lingüística,  para a que se engaden 200.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.