Martes, 18 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 26 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Covsa finalizará a reforma da estrada do Galleiro en dúas semanas logo de que Fenosa retire os seus postes de iluminación

A Deputación xa lle requiriu varias veces á empresa eléctrica que retomase os traballos de soterramento das liñas, aprobados no mes de abril

A Deputación de Pontevedra asegura que "xa lle requiriu a Fenosa en varias ocasións que acometese de forma urxente o soterramento das liñas eléctricas que pasan pola EP-2906 entre Os Valos-Guizán, coñecida como estrada do Galleiro, para poder así finalizar as obras". Nestes momentos quedan por eliminar uns 25 postes de luz en todo o tramo, un traballo que ten que facer a empresa eléctrica obrigatoriamente.

 

O deputado provincial de Infraestruturas, Uxío Benítez, indicou que o departamento que dirixe está traballando para sacar adiante as obras, "e o Concello de Redondela e os veciños saben que, en ningún caso, esta actuación está paralizada por abandono da Deputación ou da contrata, senón que hai un problema de lentitude por parte de Fenosa, á que xa se lle avisou que retome a actividade en varias ocasións".

 

Neste sentido, indicou que, tan pronto como estea feito o soterramento das liñas, a empresa adxudicataria, Covsa, executará o resto das actuacións en só dúas semanas. "Quedan por rematar as beirarrúas, coa instalación das lousetas nas bases dos piares do tendido, botar o aglomerado e instalar a sinalización vertical e facer o pintado", explicou o nacionalista, que engadiu que sería problemático facer o asfaltado na situación actual. 

 

Convenio con Fenosa

 

A Deputación de Pontevedra e Fenosa asinaron un convenio no ano 2003 polo que, cando se realiza unha obra nunha vía provincial, o soterramento das liñas eléctricas é financiado ó 50 % por ambas as partes. Unha vez que o organismo provincial acepta o orzamento presentado pola eléctrica para acometer os traballos, este faise cargo da obra civil e Fenosa executa a instalación eléctrica. Logo, a Deputación recibe os traballos sempre que estean correctamente executados.  

 

No caso da estrada dos Valos-Guizán a Deputación de Pontevedra aceptou o orzamento presentado por Fenosa e aprobou unha dotación de crédito no pasado mes de abril. Entón solicitóuselle á empresa eléctrica que a eliminación dos postes se fixese de xeito inmediato posto que os traballos restantes non se podían facer sen ese paso previo. Os técnicos electricistas comezaron a instalación e pararon pouco despois, polo que foron novamente requiridos desde o departamento provincial de Infraestruturas para terminar o soterramento. A intención, segundo a información que manexa a empresa, é que Fenosa retome esta semana o seu cometido.

 

A reforma da EP-2906 consistiu no ancheamento e urbanización do tramo que vai do punto quilométrico 1,140 ó 2,620. Instaláronse dúas tubaxes de abastecemento de auga (de 90 mm) -unha por cada marxe-, dotouse de iluminación a vía e fíxose un recuamento e reposición de muros que permitiron construír beirarrúas a ambos os lados da calzada e habilitar bandas de estacionamento nalgúns tramos nos que había ancho suficiente. Tamén se levou a cabo a canalización de augas pluviais, que completa o saneamento existente.  As obras, iniciadas hai aproximadamente un ano, fóronlle adxudicadas á empresa Covsa por preto dun millón de euros logo dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.