Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 28 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A presidenta da Deputación visitará ata finais de novembro os 62 concellos da provincia

Tras os encontros cos alcaldes de Pontevedra, Vilagarcía, Cangas, Silleda, Ponte Caldelas, Marín e Redondela,  Carmela Silva inicia este luns as visitas institucionais ao resto dos municipios da provincia. A presidenta da Deputación percorrerá nos próximos dous meses e medio os 62 concellos pontevedreses, onde manterá reunións cos alcaldes e alcaldesas para coñecer de primeira man as necesidades e inquietudes de cada localidade e para explicarlles persoalmente o novo modelo de relación cos municipios implantado polo goberno provincial.

 

Silva cumpre así co seu compromiso, xa expresado no seu discurso de investidura, para que a Deputación se converta nunha institución intermunicipal e non supramunicipal e que os concellos e os seus representantes sexan os verdadeiros interlocutores da institución provincial.

 

Este luns 28 a presidenta visitará o concello de Lalín, e A Illa e A Guarda o 29. O Concello da Estrada e o de Ponteareas derán visitados o vindeiro día 30.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.