Ponteareas
O Pleno de Ponteareas aproba o inicio de elaboración dun regulamento de ‘Participación Cidadá’
A proposta foi aprobada cos votos a favor de EU-SON, ARDT, BNG, PSOE, ACIP e a abstención do PP
O Pleno Municipal de Ponteareas, na súa pasada sesión do 15 de setembro, aprobou o primeiro punto da moción presentada por EU-son para iniciación da elaboración dun proceso de participación cidadá en Ponteareas.
A moción presentada por EU-son o pasado 16 de xullo, inclúe un borrador de regulamento de participación mais unhas normas de elaboración para facilitar a maior participación posible, de xeito que sexa a propia veciñanza de Ponteareas quen elabore o documento.
Así, as normas para a elaboración do regulamento presentadas por EU-son, inclúen, ademais da difusión e presentación do borrador do regulamento da forma máis ampla posible entre os colectivos e veciñanza, a posibilidade de presentar emendas e a aprobación definitiva do regulamento nunha asemblea aberta.
A participación cidadá é unha das principais sinais de identidade de ESQUERDA UNIDA, por iso a elaboración dun regulamento de participación cidadá para Ponteareas foi unha das primeiras medidas propostas ao Pleno de Ponteareas por esta organización. Esta realidade téntase agochar por parte de BNG e PSOE de Ponteareas, que en todos os anos que levan na corporación nunca presentaron ningunha medida nesta liña. Despois da presentación da moción de EU-Son o 16 de xullo, BNG no 7 de setembro e PSOE o 10, presentaron senllos regulamentos de participación cidadá, no que entendemos un intento de entorpecer o traballo de EU.
Aínda así, ESQUERDA UNIDA está disposta a acordar cos demais grupos da corporación un borrador de regulamento de participación cidadá, que servirá de base para o debate entre a veciñanza de Ponteareas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191