GALICIA
A Xunta admite 553 aspirantes para 11 prazas de 'control das finanzas públicas e a loita contra a fraude'
As listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse esta semana no Diario Oficial de Galicia
A Dirección Xeral da Función Pública admitiu 553 aspirantes para participar nas oposicións a 11 novas prazas nas escalas superior e técnica de finanzas da Xunta de Galicia, que permitirán reforzar eidos prioritarios coma o control das finanzas públicas e a loita contra a fraude fiscal.
As listas provisionais de persoas admitidas nestes procesos selectivos publicaranse a vindeira semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, a relación de admitidos poderase consultar tamén no portal web corporativo da Xunta de Galicia, así como a relación de persoas excluídas, con indicación da causa de exclusión.
Nestas oposicións, a Xunta de Galicia ofertará 3 prazas para a escala superior de finanzas (subgrupo A1) e 8 prazas para a escala técnica de finanzas (subgrupo A2). Do total de prazas, tres están reservadas para a promoción interna dos empregados públicos, e no caso de que queden desertas acumularanse á quenda libre. Ademais, unha das prazas resérvase para ser cuberta por persoas con discapacidade.
En total, foron admitidas 113 persoas que aspiran a unha praza na escala superior de finanzas, e 440 persoas para a escala técnica de finanzas.
Reclamacións e listas definitivas
Desde o día seguinte á publicación no DOG da resolución das listas provisionais de admitidos e excluídos, as persoas interesadas disporán de dez días hábiles para presentar reclamacións.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública, dará a coñecer as listas definitivas de admitidos e excluídos no DOG.
As convocatorias dos procesos selectivos para o ingreso na escala superior de finanzas e na escala técnica de finanzas publicáronse no DOG do 22 de maio de 2015.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191