GALICIA
A intervención arqueolóxica realizada no illote de Areoso saca á luz varios restos de cerámica
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección xeral do Patrimonio Cultural, vén de rematar a intervención arqueolóxica realizada no illote de Guidoiro Areoso (situado na Illa de Arousa), que tiña como obxectivo levar a cabo varias sondaxes valorativas dos restos, así como labores de conservación.
Segundo os primeiros resultados, estas actuacións –que contaron cun orzamento de 17.000 euros– permitiron sacar á luz varios restos de cerámica situados en posición orixinal, isto é, sen seren movidos polo efecto das mareas. Ademais, tamén se escavaron tres estruturas arqueolóxicas tipo cista (pequenas caixas feitas con pedras) para poder confirmar a súa funcionalidade, probablemente funeraria.
A maiores desta recuperación e avaliación dos diferentes materiais, outro dos puntos fundamentais desta intervención pasaba pola conservación. Deste xeito, realizouse un tapado provisional parcial a carón do muro que protexe a mámoa 4, co fin de evitar a entrada de auga durante as mareas vivas no interior do dolmen. Tamén se trasladaron as lousas que formaban outro dolmen para evitar o desgaste ao que se vían sometidas pola acción do mar.
Tarefas de divulgación
Por outro lado, a empresa adxudicataria do proxecto tamén se encargará de realizar as actividades de divulgación precisas para que a comunidade local e demais interesados coñezan de preto os resultados obtidos nesta intervención, así como os valores propios deste xacemento arqueolóxico.
Guidoiro Areoso é un illote de apenas 8 hectáreas de superficie, cuns 600 metros de lonxitude de norte a sur por menos de 200 na súa parte máis ancha, mentres que na máis estreita as mareas máis vivas chegan a dividilo en dous nos últimos anos. Aínda que hoxe se sitúa aproximadamente no medio da Ría de Arousa, a uns 1.400 metros en liña recta da Illa de Arousa, ata hai uns 3.500 anos, mentres o nivel do mar se situou entre cinco e sete metros por baixo do actual, seguramente formaba parte dunha península unida ao continente.
Duna como protección
Ao manterse illado desde entón, nunca cultivado e cuberto na súa maior parte por unha duna, conserva restos arqueolóxicos prehistóricos en moi boas condicións. Coñécense un total de cinco monumentos megalíticos (mámoas), de finalidade funeraria, así como abundantes indicios de ocupación durante o Neolítico e mais a Idade do Bronce (fundamentalmente cerámicas e ósos de animais). Todos os restos que se coñecen están situados na zona intermareal, nos solos antigos (paleosolos) enterrados baixo a area, onde a acción do mar os vai deixando á vista, xa que no resto do terreo a duna impide ver nada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155