Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

A andaina da Senda do Río Mendo celebrarase o próximo domingo

A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro de Corzáns, realizará o próximo domingo 4 de outubro, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, unha andaina guiada polo patrimonio histórico e etnográfico próximo á recentemente constituída, por parte do Concello,  Senda do Río Mendo.

 

A visita contará coas explicacións dunha historiadora da zona, comezando o percorrido ás 10:00 horas na Quinta do Piñeiro, lugar onde todos os anos a asociación realiza a súa tradicional "sementeira".

 

Esta andaina ten como obxectivo dar a coñecer a foráneos e visitantes recunchos do Concello de Salvaterra, dun alto valor paisaxístico e histórico. Ofrecéndonos a posibilidade de visitar lugares como o espectacular Portal da Inquisición, o muíño da Ponte (un dos poucos que aínda se manteñen en funcionamento da contorna) ou o Pazo de Petán, un magnífico exemplo da arquitectura civil no século XVIII. Así como outros elementos etnográficos, arquitectónicos e relixiosos das parroquias de Corzáns, Fiolledo e Oleiros.

 

A Asociación ofrecerá a todos os participantes, na metade do traxecto unha auga e algo de froita para recuperar forzas

 

O público que queira asistir deberá de inscribirse mediante o facebook da asociación: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou nos teléfonos 637 764 865 e 678 929 633, prezo da inscrición 1€

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.