Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 29 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas de Salceda valoran os primeiros 100 días na oposición

[Img #20816]

 

O Grupo Municipal socialista ven de emitir un comunicado no que fan balance dos primeiros meses de traballo dende a oposición.

 

Despois de que Ángela Ledo Souto, tomase posesión da súa acta de concelleira no mes de agosto “devolvendo deste xeito o peso representativo do partido socialista que lle outorgou o pobo de Salceda nas pasadas eleccións municipais” este comezou a súa andaina na que ó seu xuízo consideran “a única oposición estable, seria e comprometida a día de hoxe no Concello de Salceda”.

 

 

A portavoz socialista, Verónica Tourón, asegura que “pretendemos facer un traballo construtivo, con propostas que beneficien Salceda, tal como vimos facendo nas últimas semanas. Ademais seremos a voz dos veciños e veciñas nos próximos catro anos, facéndonos eco das súas demandas”.

 

En relación con esas demandas o partido socialista de Salceda, ten realizadas distintas solicitudes que lle trasladan os veciños e veciñas e outras, que o seu parecer “mellorarían os servizos na vila”. Entre as solicitudes, a portavoz do PSdeG-PSOE asinou varias peticións “solicitando ó Sr. Alcalde que se puxeran a funcionar servizos esencias no comezo da actividade escolar, como o bo estado do aparcadoiro situado a beira do colexio Altamira ou que se limpe e manteña en condicións axeitadas o camiño de acceso a sede do CRA Raíña Aragonta, é lamentable que 15 días despois o goberno siga sen limpar os laterais e acondicionar o camiño, cousa que se fixo dende sempre ó longo das últimas dúas lexislaturas”.

 

Tamén se rexistraron peticións formais relacionados con mal estado dalgunhas estradas, A Paxariña – A Feira ou a que leva a Pomar de Suso.

 

Por outra banda, as concelleiras socialistas tamén visitaron os edificios da Laguela, para comprobar no lugar “a situación de perigo que sofren por falta de accesos peonís ó centro da vila, que levan reclamando dende fai tempo sen obter ningunha resposta”.

 

Verónica Tourón, afirma que seguirán a traballar desta maneira “e faremos as solicitudes, mocións, rogos ou preguntas que estimemos oportunas, con tal de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Xa o fixemos no primeiro pleno ordinario desta lexislatura que se celebrou no mes de agosto e no que os socialistas presentamos un rogo para que se adaptasen os parques infantís para os nenos e nenas con mobilidade reducida, o cal o rexedor respondeu que o tería en conta e que nos seguiremos para facer que se cumpra. Aínda que lamentamos dende o grupo socialista que o Sr. Alcalde non atendese o rogo no que se pedía un Regulamento de funcionamento para o Rexistro Xeral do Concello, pois estamos seguros que redundaría nun mellor servizo ós cidadáns”.

 

En canto ó centro de saúde e servizo de pediatría, os socialistas seguen a traballar e nos próximos días os parlamentarios socialistas visitarán de novo Salceda para facer emendas ó orzamento da Xunta de Galicia, como se ven a facer nos últimos anos. Os socialistas consideran que “dende o goberno local están parados, como se puido comprobar na resposta á pregunta do último pleno á concelleira de sanidade, onde se lle interrogaba sobre se contactara con Xerencia de Atención Primaria para reclamar o informe técnico e buscar solucións ó servizo de pediatría, cuia resposta foi un rotundo non”. Dende o grupo municipal socialista aseguran que “isto evidencia, que despois de 4 meses da visita dos técnicos, o único que se fixo dende o goberno para a mellora do servizo de pediatría foi publicidade nos medios de comunicación, aínda que esperan que se tomen medidas despois da intervención socialista no último pleno”. Ademais o grupo municipal socialista critica “a pasividade do Partido Popular neste tema, pois, consideran que son os responsables da situación sanitaria que se vive en Salceda e non se mira o grupo municipal dos populares realizando ningunha acción de loita para avanzar”.

 

En canto a revisión catastral que se levou a cabo e a subida do recibo do IBI aparellada, os socialistas manifestan que “o equipo de goberno local debería manter as xuntanzas necesarias coa xerencia do Catastro e explicar aos veciños e veciñas as medidas adoptadas polo goberno local para evitar o incremento desmesurado que os veciños e veciñas van soportar. Queremos que o goberno local dea explicacións por esta subida aos cidadáns e explique as posibilidades de rebaixar ou atenuar o novo recibo do IBI”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.