Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Acipor prepara una campaña para promocionar o “Pan do Porriño”

[Img #20819]Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), informou hoxe dos encontros que están a manter co sector panadeiro do Porriño, dentro do plan de actuacións previsto no Plan Estratéxico de Comunicación do CCA Morea, para impulsar o sector artesanal do pan e a imaxe do denominado “Pan do Porriño”.

 

O “Pan do Porriño” constitúe un producto cunha fonda tradición artesanal no Porriño, do que ten coñecemento a través das primeiras fontes históricas que falan do denominado “pan de munición” que se producía para as tropas francesas acuarteladas na comarca durante a ocupación francesa de Napoleón, pero que ten unhas raíces anteriores.

 

ACIPOR en colaboración cos panadeiros asociados ao CCA Morea quere impulsar por tanto a imaxe deste producto altamente saudable e con gran  tradición artesanal así como a gama de productos artesanais actuáis, para o que está a manter contactos co sector para impulsar unha primeira campaña de comunicación sobre o mesmo que baixo o nome “Pan do Porriño, Pan de Panadería” conciencie sobre os beneficios deste producto saudable e artesanal. 

 

Outros proxectos para impulsar o “Pan do Porriño”: Denominación de Orixe e Festa do Pan.

 

Asimesmo, durante as conversas, xurdiron dous posibles proxectos para o “Pan do Porriño”. O primeiro deles é a posta en marcha dun proxecto para acadar a DENOMINACIÓN DE ORIXE para o “Pan do Porriño”, como xa acadaron outros pans galegos como o “Pan de Cea”. Para elo, o proxecto deberá superar varias fases, constituir un Consello Regulador do Pan do Porriño e superar a tramitación do regulamento do pan do Porriño que xestiona o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL). A denominación de orixe `permitiría dar un importante salto de cualidade e imaxe a este pan, situándoo entre os máis prestixiosos de Galicia e España.

 

Asimesmo, valorouse co sector impulsar un evento anual de exaltación do Pan do Porriño con personalidade propia, unha Festa do Pan do Porriño.

 

Ámbolos dous proxectos se atopan neste intre en estudo pois deberán contar co apoio maioritario do sector, inda que xa existen varios panadeiros que se amosaron partidarios de impulsar tanto a denominación de orixe como a de ter un evento gastronómico propio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.