Mos
Mos amplía o seu Ciber Municipal
Renováronse e melloráronse os equipos informáticos
![[Img #20844]](upload/img/periodico/img_20844.jpg)
O Ciber de Mos xa ten instalados os novos ordenadores que supoñen unha importante mellora destas instalacións municipais así coma do servizo prestado nas memas ós veciños e veciñas mosenses. A secretaría xeral de Cultura da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, concedeulle ó Concello de Mos unha subvención para a mellora do equipamento e as instalacións do Ciber Muncipal, sito no mesmo edificio que a Biblioteca, na Porteliña, parroquia de Petelos.
No caso de Mos a axuda ascendeu a preto de 4.000 euros que foron destinados á renovación dos equipos tenolóxicos informáticos, isto é, á adquisición e instalación de novos e máis potentes e modernos ordenadores.
O horario do Ciber de Mos é de 10.00 horas da mañá a 21.00 horas ininterrumpidamente e ten acceso gratuíto para tódolos usuarios e usuarias, que deben ser socios da Biblioteca Municipal para facer uso mesmo. Para facerse socios/as da Biblioteca, os interesados só teñen que dar os seus datos persoais e levar unha fotografía de carné.
O Ciber de Mos conta xa con 10 novos ordenadores instalados nas súas dependencias, que o alcalde en funcións, Alberto Méndez, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, visitaron esta mañá. Estes dez novos equipos informáticos súmanse ós antigos que xa daban previamente servizo no Ciber. Dous destes equipos están adaptados para usuarios e usuarias con discapacidade e todos contan con conexión a Internet.
Os servizos que ofrece o Ciber Municipal de Mos e o seu persoal son axuda e asesoramento para a elaboración do currículo e busca proactiva de emprego, axuda na realización de traballos escolares e impresión gratis de ata 10 follas en branco e negro por persoa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85